sexta-feira, 6 de novembro de 2015

Feira de Outono em Allariz, Galiza


A Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real, foi convidada para participar com uma banca de livros, mais algumas coisas e loisas, no XX Feira de Outono de Allariz, que se realiza nos dias 7 (sábado) e 8 (domingo) de Novembro de 2015, em Allariz, Galiza.

«Durante a segunda fin de semana de novembro o Concello de Allariz, coa colaboración da Asociación de comerciantes da vila, organiza e celebra a Feira de Outono, que ten como obxectivos a promoción, potenciación e valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais coma comarcais: cogomelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados.O domingo transcorre cun serán de contos, encontro de artistas a carón da palabra e da música.

Canda a feira organízanse paralelamente unha exposición con varios apartados específicos sobre os produtos do outono: exposicións vivas de cogomelos, maquinaria para a manipulación da mel, charlas informativas sobre o cancro do castiñeiro e métodos de poda hixiénicos, saídas didácticas ao monte, etc.

Ao longo desta fin de semana, os restaurantes de Allariz ofertan aos seus clientes nas súas cartas menús especiais en base aos productos desta época do ano expostos na Feira.


A feira remata o domingo, como xa adiantamos, cun serán de contos e un encontro de artistas. Todo isto amenizado por espectáculos musicais. Ademais, ofrécese aos asistentes ao evento un pequeno “cátering de outono” e, para remate, castañas asadas para os concorrentes.»

Sem comentários:

Enviar um comentário