Uma livraria e espaço especializado em Trás-os-Montes e Alto Douro. «Queremos construir uma referência quando se pensa na região, seus autores e cultura, vinhos e tradições, produtos e artesanato...» Um espaço de galeria de arte e onde se realizam diversos eventos: apresentações de livros, tertúlias, workshops, oficinas - ponto de partida também para passeios, visitas.
segunda-feira, 21 de novembro de 2022
quarta-feira, 26 de janeiro de 2022
VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA
A Fundación Vicente Risco, Deputación de Ourense, libraría Aira das Letras, doçaria Fina Rei, livraria Traga-Mundos e libraría Punto e Coma convocam conjuntamente o «VII Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica», com o fim de homenagear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gosto de seu pai pelo fantástico, dom Vicente Risco (a quem podemos considerar introdutor do género na literatura galega com a obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, em 1919), Antón Risco foi um profundo teórico da literatura fantástica com obras como Serpentáguila (Notas de un lector de poesía), Quebec (Canadá), Ediciones Hipogrifo, 1986; Literatura fantástica de lengua española (Teoría y aplicaciones), Madrid, Taurus, 1987; Viaxes á América Latina á procura de literatura fantástica. Sada (A Corunha), Edições do Castro, 1987. Também é precisso destacar o seu trabalho como editor em Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, Vigo, Editorial Galaxia, 1991. Também foi um prolífico escritor de romances e relatos fantásticos, muitos deles ainda inéditos.
CONVOCATORIA DO VII
PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA
Os traballos
poderán presentarse até o 28 de febreiro de 2022
O premio está
dotado con 3.000 € para a obra gañadora.
A novidade deste ano é a incorporación da Deputación de Ourense na convocatoria do premio. Ademais da libraría “Aira das Letras” (de Allariz), a “Traga-Mundos” (de Vila Real, Portugal), a empresa de repostería artesá “Fina Rei” e a libraría “Punto e coma” (de Ourense), que xa viñan participando nas anteriores convocatorias.
“Alégranos moito poder convocar un ano máis este premio que honra a figura de Antón Risco, escritor e amante da literatura fantástica” declarou a presidenta da Fundación Vicente Risco, quen salientou a aposta da Deputación de Ourense por este premio que está dirixido a toda a xente de aquén e alén do Miño.
“Agradecemos moito a colaboración de todas as empresas patrocinadoras, libraría Aira das Letras, doçaria Fina Rei, livraria Traga-Mundos e libraría Punto e Coma, e celebramos a incorporación este ano da Deputación de Ourense.” Engadindo que é unha aposta gañadora toda vez que “Este premio supón unha importante promoción de Allariz e Ourense tanto en Galiza como en Portugal".
O premio está dotado con 3.000 € e ao mesmo pódense presentar traballos en lingua galega ou portuguesa.
Deixou dito Vicente Risco que «O imaxinario é un mundo tan mundo como o mundo real» e ese mundo ten que ser contado desde a creación fantástica que conta cun selecto e comprometido grupo de seguidoras que a bo seguro celebrarán o premio lendo a obra gañadora.terça-feira, 25 de janeiro de 2022
VII Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica - Galiza | Portugal
«CONVOCATORIA DO VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA
terça-feira, 1 de dezembro de 2020
VI Premio Antón Risco de Literatura Fantástica
A Fundación Vicente Risco, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei convocan conxuntamente o
«VI Premio Antón
Risco de Literatura Fantástica», co fin de homenaxear o escritor e teórico da
literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gusto polo
fantástico do seu pai, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor
do xénero fantástico na literatura galega coa obra Do caso que lle aconteceu ao
Dr. Alveiros, en 1919), Antón Risco foi un profundo teorizador da literatura
fantástica con obras como Serpentáguila (Notas de un lector de poesía), Quebec
(Canadá), Ediciones Hipogrifo, 1986; Literatura fantástica de lengua española
(Teoría y aplicaciones), Madrid, Taurus, 1987; Viaxes á América Latina á
procura de literatura fantástica. Sada (A Coruña), Edicións do Castro, 1987. Tamén
cabe salientar o seu labor de editor en Antoloxía da literatura fantástica en
lingua galega, Vigo, Galaxia, 1991. Asemade, foi prolífico escritor de novelas
e relatos fantásticos, moitos deles aínda inéditos.
Por tal motivo e co fin de continuar o seu labor de divulgar o xénero fantástico convoca este premio conforme as seguintes BASES:
Primeira: Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega ou portuguesa, cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos e máxima de 600.000.
Segunda: O prazo de
entrega remata o día 28 de febreio de 2021 e os orixinais deberán ser remitidos
á FUNDACIÓN VICENTE RISCO, RÚA SAN LOURENZO
Terceira: Os
orixinais presentaranse en formato PDF gravados nun CD ou Pendrive, maquetados
en formato DIN-A4, en letra ARIAL de corpo 12 e a dobre espazo.
Calquera orixinal
entregado sen cumprir os requisitos de forma (tipo e corpo de letra,
espaciado...) será automaticamente descartado.
Os orixinais, veñan en CD ou Pendrive, irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade do/a autor/a (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior só o título ou lema da mesma.
Cuarta: A obra gañadora será premiada con 3.000,00 € (suxeitos ás retencións fiscais pertinentes) e a publicación do libro. A FUNDACIÓN VICENTE RISCO CO SEU SELO DR.ALVEIROS será a encargada da edición e publicación da mesma podendo conveniar con algunha editora portuguesa co fin de facilitar a súa difusión no suposto de que a obra gañadora estea escrita en portugués.
Quinta: O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura e da edición.
Sexta: Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto.
Sétima: A contía do premio considérase en concepto de anticipo polos dereitos de autoría, polo que os convocantes, se reservan o dereito de publicación da primeira edición da obra gañadora en lingua galega ou portuguesa. O/A beneficiario/a do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada en cada lingua e na adquisición doutros exemplares contará cun desconto do 50%. Asemade, a persoa gañadora do premio será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición. Se os dereitos de autoría xerados polas vendas superasen a contía do premio, procederase a liquidar periodicamente os mesmos con normalidade.
Oitava: As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así o anonimato. As/Os autoras/es das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en contacto coas entidades convocantes para trataren o tema da publicación.
Novena: Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos aos seus autores e autoras no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
Décima: O fallo do Xurado terá lugar en Allariz, na Fundación Vicente Risco, durante o mes de maio de 2021, publicándose no Facebook e no Twitter da Fundación.
sábado, 22 de setembro de 2018
cea de entrega de III Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica
O evento terá lugar no Restaurante A Fábrica de Vilanova (Rúa Vilanova s/n, Allariz), o sábado 29 de setembro ás 21h.
O prezo da entrada é de 35€, e inclúe 1 exemplar da obra e cea / concerto.
Concerto de Gaita Antiga a cargo de Paulo Gonçálves e Ánxela Vidal.
MENÚ: Coca de escalivada / Ñoquis de pataca con sopa de allo / Croquetas caseiras / Empanada da casa / Roast Beef de tenreira / Viño, auga e café.
RESERVAS: ingreso de 35€ na conta BBVA ES81 0182 6221 6201 0150 3209 (Fund. Vicente Risco), indicando no concepto "Velada Literaria entrega do III Premio Antón Risco", e enviar un correo-e cos datos a secretaria@fundacionvicenterisco.com
- Entradas limitadas (40 persoas).
- Data límite inscrición: 26 / 09 / 2018
quarta-feira, 22 de agosto de 2018
IV Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica
Novena: A participação neste prémio obriga à aceitação das presentes Regras, assim como a decisão do Júri, que será irrevogável.














