“Cores
do Atlântico – Cantigas de Amigo Galego-Portuguesas”
um
livro disco com textos de Ria Lemaire e músicas de Socorro Lira
em
colaboração com Margareth Menezes, Cida Moreira, Caiana dos Crioulos, Eneida
Marta, João Afonso, Uxía e Leilía
ilustrações
de Quique Bordell
«Cores
do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que
ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval,
desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa
Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro
Lira.
No
disco participaron as artistas brasileiras Socorro Lira, Margareth Menezes,
Eneida Marta e as Cirandeiras Caiana dos Crioulos, Eneida Marta de Guiné
Bissau, João Afonso de Portugal e Uxía e Leilía de Galiza.
Un
traballo literario-musical
A
argumentación teórica sobre a orixe dunha tradición oral sustentada por
mulleres é unha tese defendida pola especialista en literatura medieval en
linguas románicas e doutora pola universidade de Utrech, Ria Lemaire, que
escribe un traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo
galego-portuguesas como as primeiras mostras do patrimonio cultural
galego-portugués, que nos chegaron por vía culta: os primitivos cantos de
mulleres.
No
enfoque musical a cantautora brasileira Socorro Lira aborda unha lectura
contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas,
portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras; espazos que comparten o
patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Desde os ritmos brasileiros
como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada
nordestina, interprétanse as cantigas de amigo dunha forma transgresora e ao
mesmo tempo harmoniosa.
Arranxado
por Jorge Ribas, Cores do Atlántico integra as sonoridades de tres continentes
unidos por un patrimonio común: a lírica das cantigas de amigo galego-portuguesas.
Desde
o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira reúne voces tradicionais como as
das Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto as colaboracións de Margareth
Menezes-a Maga e Cida Moreira. Desde África, a guineana Eneida Marta achega a
súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a
Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a
sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as
que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de
orixe da lírica medieval galego-portuguesa.» [Sermos Galiza]
Disponível
na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila
Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila
Rial...
[disponível também:
livro-disco-dvd “PNO! Na Ponte – Unha historia de Ponte… nas ondas!”]
Sem comentários:
Enviar um comentário