“Cantadeira
de Barro de Arén – Manuela Cortizo Medal” de Xosé Lois Foxo
Con 82
anos de idade, Manuela Cortizo Medal acumula unha intensa experiencia como
cantareira. Agora, da man de Inquedanzas Sonoras, ve a luz Cantareira de
Barro de Arén, un libro-CD-DVD que recolle un estudo sobre a súa figura da man
de Xosé Lois Foxo. Cantos de ronda, xotas, muiñeiras, mazurcas, cantos de
oficios e romances danse cita nun disco que amosa preto de oitenta pezas
interpretadas por Cortizo unicamente coa súa voz e a pandeireta. Sobre a mesma
cantareira xa publicara Calros Solla unha compilación de máis de mil coplas co
título de “Cantares de Manuela de Barro”.
«A
Terra de Montes é unha das reservas naturais do folclore galego e Manuela
Cortizo Medal -coñecida como Manuela de Arén- é un dos máximos expoñentes da
tradición que esmorece. Para preservar para a posteridades toda esa riqueza
galega por vía oral, o músico ourensán Xosé Lois Foxo acodeu a Manuela Cortizo
e fixo unha meticulosa labor de recollida que verá a luz nuns meses nunha obra
que incluirá tres formatos: libro, cedé e deuvedé.
Segundo
explicou o promotor da iniciativa e director da Real Banda de Gaitas de
Ourense, a obra reúne un cento de cantigas ou composicións musicadas e preto
dun milleiro de coplas, tanto en galego como en castelán. As coplas son
composicións de catro versos, moitas veces de creación propia. Manuela de Arén
garda na súa memoria prodixiosa case un milleiro que abarcan moitos dos xéneros
da música popular. Hai romances, cantares de seitura, cantares de arrieiro, de
cregos, de Nadal, de Reis ou de Antroido. Entre eles figura algún singular,
coma o Cantar do alfareiro que Manuela interpretou o sábado pasado no acto de
recollida da Medalla do Gaiteiro que este ano lle concedeu a organización da
festa soutelana.
Algunhas
das coplas están moi vencelladas á comarca. Unha delas está dedicada,
precisamente, ó mítico Gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro.
A obra
será editada pola Deputación de Ourense baixo o título A cantareira de
Barro de Arén, Manuela Cortizo Medal. Aínda non hai data para a presentación,
pero Xosé Lois Foxo espera poder levala a cabo antes de que remate o ano. O
disco, duns oitenta minutos, recolle en torno a un centro de pezas nas que
Manuela canta e toca a pandeireta. Sen máis adornos.
Foxo
ten bautizado a Manuela de Arén como «a cantareira maior de Galicia». Non é
pola idade -aínda que Manuela leva dando guerra desde 1930- senón polas súas
cualidades como cantareira. «Te un estilo moi identificable e conserva todo o
sabor do pasado», explica o músico. «É das poucas persoas que mantén a gracia
de antes. Co tempo deuse un cambio na expresión do canto, pero ela conserva o
sabor do pasado, ó contrario que outras cantareiras que xa están moi
mediatizadas», comenta Foxo.
Segundo
Xosé Lois Foxo, Manuela tén unha forma melismática de cantar difícil de
reflexar nos pentagramas. «Moitas veces, para transcribir a súa música vémonos
obrigados a prescindir do pentagrama porque temos problemas para reflexar nel
os melismas ou fluctuacións do canto. Tén o típico ornamento dos cantares de
seitura, as inflexións sobre a mesma vocal», explica.» Rocío García, “La Voz de
Galicia”
Disponível
na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila
Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an
Bila Rial...
[também
disponível do autor: “Os Segredos da Gaita” de Xosé Lois Foxo 6ª Edición
correxida e aumentada, "Músicas do Caurel - Cantares da Serra" Volume
II, "Músicas do Caurel - Cantares da Serra" Volume III,
"Cantares da Terra das Frieiras - A Gudiña" Volume I,
"Cancioneiro Oencia e Contorna" 3 cd + 1 dvd, "Os Últimos
Brindeiros de Forgas" cd + dvd, "Cantareira de Barro de Arén -
Manuela Cortizo Medal" contén CD e DVD; Cantares da Cega do Covelo – Lucía
da Conceição Fernándes” por Xosé Lois Foxo, estudio etnográfico: Xosé Rodríguez
Cruz, correción lingüistica: Mário Correia, livro + cd]