Antonio Manuel
Fraga faise co Primeiro Premio “Antón Risco” de literatura fantástica
O pasado 10 de
decembro fallouse o I Premio “Antón Risco” de literatura fantástica convocado
por Urco Editora en colaboración coa Fundación Vicente Risco, Sacaúntos
Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-Mundos,
Pastelería Fina Rey e restaurante O Pingallo. Resultou gañador Antonio Manuel
Fraga Allegue coa obra presentada baixo o título “Querido H.P.L.” Así
mesmo, o xurado nomeu a obra finalista Peixe Babel, de Carlos Quiroga,
para ser publicada no selo compostelán.
Reproducimos a
seguir a nota do xurado:
Fallo do Primeiro
Premio "Antón Risco" de Literatura Fantástica.
Reunido en Ourense,
no Restaurante "O Pingallo", a quinta-feira día 10 de decembro de
2015, o xurado formado por Mario Regueira, Isabel Mociño, Mila da Aira, António
Ságue e Joâo Madureira e actuando como vocais da Urco editora e sen voto, Tomás
González Ahola e David Cortizo Conde, decidiuse que, de entre as dezaoito obras
recibidas, o primeiro premio Antón Risco de literatura fantástica recae sobre a
obra presentada baixo o título "Querido H.P.L" que, logo da apertura
da plica, resultou ser da autoría de Antonio Manuel Fraga Allegue.
Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra
"Peixe Babel", da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa
súa publicación.
En Ourense, 10 de decembro
de 2015
«Nese protagonismo do
portugués como lingua literaria pode ser que teña algo que ver que unha das
entidades patrocinadoras do premio é a Livraria Traga-Mundos de Vila Real. Os
outros patrocinadores son a Fundación Vicente Risco, a libraría Aira das
Letras, a rede de confeitarías Fina Rei (as tres de Allariz) e o restaurante
Pingallo, da cidade de Ourense.» [blogue Biosbardia]
Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra "Peixe Babel", da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa súa publicación.
Sem comentários:
Enviar um comentário