segunda-feira, 20 de abril de 2015

brindos ou cantares improvisados


“Os Últimos Brinderos de Forgas” de Xosé Lois Foxo

Homenaxe aos Irmáns Álvaro e José Veloso Valcárcel, e ao seu traballo realizado nos cantares das vodas. Os irmáns Veloso foron dous cantores populares da aldea de Forgas de Abaixo que mantiveron viva ata o día de hoxe a vella tradición dos brindos ou cantares improvisados, tamén frecuentes noutros lugares como Quiroga, O Incio ou O Cebreiro.

A publicación foi elaborada logo de catro anos de investigación. Ao longo dese tempo graváronse e transcribieron brindos' da zona, que aparecen reflectidos en papel, DVD e CD.

Xosé Luís Foxo lembra o desaparecido labor dos brindeiros' nas vodas, onde fóra ou dentro das mesmas cantaban distintas coplas coas que se pedía inicialmente doce, unha rosca, e despois tabaco. Eran disputas a través de cancións que caracterizaban as vodas no medio rural ata que deixaron de celebrarse en casa. Os brindeiros' animaban as festas ata ben entrada a noite. Co paso do tempo, e sobre todo por mor de pasar a celebrarse as vodas fóra de casa, quedaron no esquecemento.


«TRIBUTO AOS ÚLTIMOS BRINDEIROS

Os brindos son coplas de catro versos con rima par que se interpretaban nas vodas. A cadea de montañas que une a zona de Lóuzara, no interior do sur lucense, co Bierzo, xa en León, foi sempre rica en brindeiros. De feito estes cantores tiñan unha forma xenuina de interpretar os seus brindos que os facía destacar sobre os brindeiros doutras áreas da comunidade galega.
Na Pobra do Brollón os brindos eran cousa dos irmáns Álvaro e Xosé Veloso -máis coñecidos coma Álvaro e Xosé de Forgas-, Sisto de Rexoá, Bautista Campo Celeiro ou do Ribeiro de Louzarela. Algúns destes homes xa finaron pero outros, coma Xosé de Forgas ou o Ribeiro de Louzarela, seguen a facer a súa aportación ao patrimonio lírico galego. De feito, O Ribeiro de Louzarela acode cada ano á celebración do Filandón do Courel, no que se dan cita os cantores da montaña.» [El Progreso]

«Na presentación do libro-disco estiveron presentes José Veloso -o seu irmán Álvaro faleceu o pasado novembro- e Amparo Parada Aira, antiga pandeitereira e tamborileira que participou no traballo de documentación sobre as tradicións musicais da parroquia de Ferreiros, á que pertence Forgas de Abaixo. Xosé Lois Foxo resaltou o carácter «absolutamente orixinal» dos brindos da montaña lucense, sinalado que este xénero ten unha estrturua musical propia que o diferencia claramente doutros cantares improvisados, como as coñecidas regueifas.
Foxo sinalou por outro lado que os irmáns Veloso son practicamente os últimos representantes deste xénero musical xunto con Antonio Río Montero, coñecido como Ribeira de Louzarela, cantor popular natural de Pedrafita do Cebreiro que colaborou hai anos nun disco do gaiteiro Carlos Núñez.
A tradición dos brindeiros non foi continuada por xente máis nova e os poucos intérpretes deste xénero que seguen vivos na actualidade son todos de idade xa moi avanzada. Só nos últimos anos foi posible recoller testemuños audiovisuais desta antiga modalidade que está a punto de extiguirse. «Grazas a estas persoas chegamos a tempo de recoller as últimas mostras dunha tradición moi importante que polo menos deste xeito poderán ser legadas ás xeracións futuras», apuntou Foxo a este respecto.»[La Voz de Galicia]

Inclúe 1 CD e 1 DVD
- Presentación
- Os últimos brindeiros de Forgas
- Brindos
- Coplas de cego
- Romances
- Parrafeos
- Rondas
- Cantares de cregos
- Cantares da seitura
- Aninovo e Reis
- Cantares varios
- Contos
- Relación de melodías
- Índice de audio-vídeo

Disponível na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila Rial...
[também disponível do autor: “Os Segredos da Gaita” de Xosé Lois Foxo 6ª Edición correxida e aumentada, "Músicas do Caurel - Cantares da Serra" Volume II, "Músicas do Caurel - Cantares da Serra" Volume III, "Cantares da Terra das Frieiras - A Gudiña" Volume I, "Cancioneiro Oencia e Contorna" 3 cd + 1 dvd, "Os Últimos Brindeiros de Forgas" cd + dvd, "Cantareira de Barro de Arén - Manuela Cortizo Medal" contén CD e DVD; Cantares da Cega do Covelo – Lucía da Conceição Fernándes” por Xosé Lois Foxo, estudio etnográfico: Xosé Rodríguez Cruz, correción lingüistica: Mário Correia, livro + cd]

Sem comentários:

Enviar um comentário