segunda-feira, 16 de junho de 2014

Gaiteiros de Galicia



“Músicas do Gaiteiro de Ventosela – Xan Míguez González (1847-1912)” por Marco Foxo

Marco Foxo recupera la música del mítico gaiteiro de Ventosela

Recrea las piezas de uno de los intérpretes más reconocidos del XIX.

A obra recolle cantigas e melodías de homenaxe a este músico galego que modernizou e dignificou a gaita.

«O gaiteiro Marco Foxo di que gravar un CD con músicas inspiradas no gaiteiro máis famoso de Galicia e precursor da modernidade deste instrumento "é unha honra e unha gran responsabilidade". Así o afirmou hoxe na presentación do traballo "Músicas do gaiteiro de Ventosela Xan Míguez González (1847-1912)", un CD no que Marco Foxo, acompañado ao clarinete por Xosé Lois Tielas; ao redobrante por Jonathan Ferreira; ao bombo por Iago Alonso, e coa colaboración das cantareiras da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, fai un percorrido por diferentes estilos da música galega, sempre baseado na obra de Xan Míguez.
A presentación tivo lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial, e contou coa presenza do gaiteiro Marco Foxo; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do profesor Xesús Alonso Montero; da bisneta de Xan Míguez, Maite Varela; acompañados de Clodomiro Montero e do director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, así como de alcaldes e representantes dos concellos ddo Ribeiro: Arnoia, Beade, Castrelo, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
Xosé Lois Foxo explicou que é importante "dignificar o noso e poñer en valor a músicos que tanto fixeron pola cultura galega como foi o gaiteiro de Ventosela, que foi o primeiro en lucir o traxe tradicional galego e en abrir a gaita a outros usos diferentes aos relixiosos e procesionais, dándolle así un carácter de ocio e divertimento que ata ese momento non tiña". Foxo destacou que Ourense é a provincia que máis representacións iconográficas ten de gaiteiros, "e por todo elo, o feito de seguir preservando a nosa cultura musical é unha obriga que temos".
Pola súa banda, Rosendo Fernández destacou "o gran salto á modernidade que supuxo a música do gaiteiro de Ventosela, quen no último treito do século XIX foi que de ampliar o horizonte musical", e loubou o traballo de investigación e estudo de Marco Foxo "convertido en realidade con esta obra musical que nos permite conservar neste CD unha parte importante da historia musical de Ourense".» [Deputación Ourense]

Disponível na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila Rial...
[também disponível de Marco Foxo: “Gañador Solistas 2009”]

Sem comentários:

Enviar um comentário