domingo, 10 de abril de 2016

com Manuel María, Outeiro de Rei, Galiza

foto Adelaide Jordão
«Decorreu, no passado sábado, 9 de Abril, a segunda jornada da iniciativa CULTURA QUE UNE, no âmbito das escolas. O grupo de professores envolvidos deslocou-se a Outeiro de Rei, perto de Lugo, onde está sediada a casa museu Manuel Maria, o poeta homenageado, este ano, pelas Letras Galegas. Como surpresa e grande privilégio, pode o grupo dialogar com a viúva do poeta, que estava presente, e que, com entusiasmo e muita alegria, nos revelou aspectos da sua convivência de muitos anos com Manuel Maria. O jornal local deu nota da nossa passagem pelo local.» Helena Gil Coutinho, Tertúlia de João de Araújo Correia

"A Casa Museo Manuel María acolleu na xornada do sábado dúas iniciativas que xiraron arredor do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dunha banda, as XXV Xornadas de Lingua e Literatura da CIG-Ensino e da AS-PG e, doutra banda, a xuntanza de traballo da iniciativa Cultura que Une, que perfila actividades sobre as obras de Manuel María e Miguel Torga.

A Casa Museo Manuel María tamén abeirou este sábado unha xuntanza de traballo no seo da iniciativa Cultura que Une na que participaron a Fundación Vicente Risco, a Tertúlia João de Araújo Correia, a Livraría Traga-Mundos de Vila Real e Ponte nas Ondas, amais de profesores e profesoras a título individual.

foto Helena Gil Coutinho
En declaracións a Sermos Galiza, Luís Martínez Risco sinala que a xornada deste sábado foi “unha continuidade da que tivo lugar o 3 de marzo para concretarmos a metodoloxía que nos permita facer intercambios de alumnado, agrupamentos escolares e de profesorado entre colexios de Galiza e de Portugal arredor do eixo das obras de Manuel María e Miguel Torga”. Non se trata só dun intercambio de alumnado, tamén se traballará nos eidos do patrimonio histórico, no ecolóxico, no lingüístico...

O grupo de traballo estudará até xuño o programa de actuación co fin de que no inicio de curso os centros poidan implementar as medidas acordadas de maneira flexíbel, segundo nos conta Luís Risco, da Fundación Vicente Risco." In Jornal SERMOS GALIZA

Sem comentários:

Enviar um comentário