sábado, 21 de maio de 2016

SÉS em Vila Real - cultura que une


SÉS em concerto (Galiza)
dia 28 de Maio de 2016, sexta-feira, pelas 21h30, no Teatro Municipal, Vila Real
uma iniciativa de Cultura Que Une, Actos da Cultura Galego-Portuguesa 2016 | Vila Real – Pontevedra [também no âmbito de “Vila Real – Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2016”]

SES en concerto, presentando o seu novo disco
"TRONZAR OS VALOS"
Teatro de Vila Real (Portugal)
Sábado 28 de Maio de 2016
21:30h

www.ses.gal

O terceiro disco da cantora suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate.

Os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas no novo traballo discográfico de Sés. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Estamos en tempo de “Tronzar os valos”, de responder con música e ideas, con ilusión contra abatemento. Estamos en tempo de Sés e do terceiro disco dunha das nosas máis singulares e poderosas voces.

Doce cancións nas que adentrarse no universo Sés. Porque a Sés de “Tronzar os valos” é máis Sés que nunca. Isto significa a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva nas veas e a súa intensa condición de cantora que impregna a maneira directa de se achegar ao público.

Regresa Sés aos escenarios coa enerxía do vento e cancións cheas de verdade e forza. Sés herda a actitude valente e honesta dos grandes nomes cos que comparte condición de cantautora e decide alentar coa súa música a enerxía da forza colectiva que pula por un tempo novo. Cancións para revoltarse e disentir contra o estado de cousas dun sistema que amarra e inmobiliza.

Despois do éxito de “Admirando a condición” e “Co xenio destrozado”, o terceiro disco de Sés, “Tronzar os valos”, confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock.



1 comentário:

  1. Uma iniciativa moito interesante. Parabéms. www.leriasdebea.blogspot.com

    ResponderEliminar