Este sábado
viaxamos até o país veciño para presentar dúas das última novidades publicadas
na colección Alcaián: QUERIDO H.P LOVECRAFT, a novela epistoar gañadora do I
PREMIO "ANTÓN RISCO" DE LITERATURA FANTÁSTICA escrita por Antonio M. Fraga e
que tan boas críticas está a recibir, e OS CONTOS DO SACAÚNTOS. ROMASANTA, O
CRIMINAL. Este libro está composto por cinco relatos xurdidos despois da
celebracIón das "V Xornadas Romasanta" que tiveron lugar en Allariz
no Samaín de 2015, nas que se levaron a cabo unha serie de ponencias sobre o
aspecto criminolóxico de Manuel Blanco Romasanta. Grazas a Ramón Caride
Ogando, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J. Madureira e Fernando
Méndez polo seu maxín creativo!!!
Vémonos no teatro de Vila Real ás 18:30.
Vémonos no teatro de Vila Real ás 18:30.
Sem comentários:
Enviar um comentário