O sábado 12 ás
12:00 horas tera lugar na Fundación Vicente Risco a entrega do I Premio Antón
Risco de Literatura Fantástica, patrocinado pola Fundación Vicente Risco,
editorial Urco, Gráficas Sacauntos, Libraria Aira das Letras de Allariz,
Livraria Traga Mundos de Vila Real Reposteiros Artesáns, Finai Rei e
Restaurante O Pingallo.
O
premiado desta peimeira edición é o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue
coa obra Querido H.P. Lovecraft:«Cando lea estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos...
Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova.
A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras, propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai... cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando.
Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio."»
Sem comentários:
Enviar um comentário