“Os Soños na
Gaiola” de Manuel María, ilustracións Noemí López
O medio
cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego
con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a
Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios
sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de
"O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar,
o río e o vento. No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o
chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o
arado. "Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o
labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o
pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais:
o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo,
o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as
andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da
nosa literatura infantil.
Galiza
Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montanas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!
Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montanas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!
Disponível
na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila
Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an
Bila Rial...
[também disponíveis as
seguintes obras do autor: “Sonetos á Casa de Hortas”, “Cecais Hai Unha Luz”, “A
Esencia Máis Nosa – Poemas sobre a Lingua Galega”, “Terra Chá”, “Poemas
Escollidos”; “Cando o Mar Foi Polo Río”; “Galiza”; “Memoria da Terra – Prosa Xornalísitca
Escollida”; “Fotobiografia Sonora”; “O Tempo Vital de Manuel María” de Camilo
Gómez Torres]
Sem comentários:
Enviar um comentário