segunda-feira, 13 de novembro de 2017

Casa de Hortas, Manuel Maria


“Sonetos á Casa de Hortas” de Manuel Maria

Este fermoso poemario constitúe unha guía imprescindíbel para unha visita á casa natal de Manuel María en Outeiro de Rei, convertida en 2013 en Casa Museo. Está constituído por 50 sonetos nos que o poeta regresa ao tempo da nenez, aos soños da adolescencia, ás vellas lembranzas familiares e a un espazo íntimo insustituíbel.

Sempre interrogo ao fado prepotente
con incerto temor e verbo inquedo
e que me diga sen rubor nin medo
que porvir lle depara á casa e xente.

Coñezo o seu pasado. O seu presente.
E ignoro totalmente o seu futuro:
será desgraciado, triste, escuro
ou gozoso, feliz resplandecente?

Todo o que vive múrchase ou devece
vencido polo tempo traizoeiro.
Nós pasamos. A casa permanece.

Non queremos fogar perecedeiro
pois o solar dos Hortas non merece
rematar convertido en pardiñeiro!




Disponível na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila Rial...
[também disponíveis as seguintes obras do autor: “Os Soños na Gaiola” ilustracións Noemí López, “Cecais Hai Unha Luz”, “A Esencia Máis Nosa – Poemas sobre a Lingua Galega”, “Terra Chá”, “Poemas Escollidos”; “Cando o Mar Foi Polo Río”; “Galiza”; “Fotobiografia Sonora”; “Memoria da Terra – Prosa xornalística escollida”; “O Tempo Vital de Manuel María” de Camilo Gómez Torres]

Sem comentários:

Enviar um comentário