segunda-feira, 1 de dezembro de 2014

Cultura que une: Galiza - Norte de Portugal




A livraria Traga-Mundos de Vila Real esteve presente no segundo encontro informal de agentes culturais da Galiza e Norte de Portugal, que se realizou no Eco Museu de Montalegre, no dia 29 de Novembro, uma iniciativa da Fundación Vicente Risco de Ourense, Galiza, denominada “Cultura que une”.

«Galiza e Portugal, fillos dunha mesma cultura que, xogos da Historia, ficou tronzada, non tanto na época en que don Afonso Henríquez proclamou a independencia do Condado Portucalense fronte Castela, mais quizais con maior forza cando os tratados de lindes despois da implantación duns estados liberais fortemente xacobinos e centralistas a longo do XIX.

Nas dúas primeiras décadas do pasado século XX, intelectuais e creadores galegos e portugueses falaron da necesidade do reencontro. Mais as violencias do XX, nomeadamente as ditaduras, a Guerra Civil española, as represións, as miserias económicas, que afectaron aos pobos ibéricos semellaron silenciar estes encontros que, a modo de encontros entre arqueólogos, escritores, filólogos, etc., continuaron á marxe da oficialidade.

(...) A figura do Teixeira de Pascoaes (gran admirador de Rosalía de Castro, Teixeira de Pascoaes escribía a Risco que habería que lle facer unha homenaxe) foi un referente simbólico para unha intelectualidade galega. E non só Teixeira. Tamén Leonardo Coimbra, Santos Junior, Carlos de Passos, Hernani Cidade, Rodrigues Lapa, Vicente Risco, Viqueira, Noriega Varela, Castelao, Filgueira, Jenaro Marinhas del Valhe, Valentín Paz Andrade, Carvalho Calero,  son un bo exemplo de intelectuais que, nalgún intre da súa vida, ollaron para o reencontro.

A aprobación o 11 de marzo de 2014 polo Parlamento Galego da Lei Valentín Paz-Andrade, froito dunha Iniciativa Lexislativa Popular, publicada no DOG de 8 de abril de 2014, invítanos, e até certo modo obríganos, a afondar no esforzo do encontro.»

A livraria Traga-Mundos tem contribuído para este encontro – nos últimos meses participou em Ourense, Monção, Allariz, Corunha, Eco Espaço O Rexo, Montalegre, Vila Real – e muito em breve poderemos dar mais notícias para 2015.

Sem comentários:

Enviar um comentário