sexta-feira, 27 de janeiro de 2017

Os soños na gaiola


“Os Soños na Gaiola” de Manuel María, ilustracións Noemí López

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado. "Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil.



Galiza

Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montanas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!


Disponível na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila Rial...
[também disponíveis as seguintes obras do autor: “Sonetos á Casa de Hortas”, “Cecais Hai Unha Luz”, “A Esencia Máis Nosa – Poemas sobre a Lingua Galega”, “Terra Chá”, “Poemas Escollidos”; “Cando o Mar Foi Polo Río”; “Galiza”; “Memoria da Terra – Prosa Xornalísitca Escollida”; “Fotobiografia Sonora”; “O Tempo Vital de Manuel María” de Camilo Gómez Torres]

Sem comentários:

Enviar um comentário