«O II Recital de Poesía Novísima retoma aqueloutro celebrado en 2018, cando Olga Novo coordinaba un emocionante recital de seis poetas ourensás de entre 16 e 18 anos.
Nesta 2ª edición contamos con novísimas voces de diferentes puntos da xeografía galega, que non sobrepasan os 21 anos de idade pero amosan xa, na súa poesía, unha abraiante calidade que reflicte o que hoxe xa todo o mundo debería saber:
Galiza é un país de poetas, un país de poesía, de excelsa poesía que agroma dende idades novísimas.
Non perdades este recital se queredes saber de onde xorde, como abrolla e medra a poesía galega do século XXI.
Non perdades este recital se queredes, de aquí a un tempo, cando os nomes destas e destes poetas aparezan nos títulos e titulares da poesía galega, poderdes dicir: “eu estiven alí”.
POETAS:
Ana Fraile Somoza, Antía Balvís Moreiras, Fabián Niño, Lois Gayoso, Lorena Fernández Iglesias, Lucas Gago Suárez, Mariña Maceiras, Noé González Alamino, Zaira Ferradás.»
Sem comentários:
Enviar um comentário