tradución de Miguel A. Areses Martín
portada de Miguel Robledo
«Os poemas de konstandinos kavafis están considerados entre os máisfermosos nunca escritos. a capacidade de evocar tempos pasados xuntocoa precisa ollada sobre os grandes temas da humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa poesía completa anotada con detalles e explicacións sobre centos de eventos históricos, personaxes e localizacións. Unha obra magna traducida por miguel a. areses martín, quen tamén escribe o perfil literario e biográfico deste escritor universal e imprescindible.»
«Non é, sen dúbida, a miña unha experiencia singular pois sospeito que ha
ser compartida por moitas persoas. A obra de Kavafis chegoume a través da
música, concretamente da versión que Lluís Llach realizou do poema “Ítaca”,
incorporada nun célebre disco titulado “Viatge a Ítaca” (1975). Composición que
se inspirara, á súa vez, na tradución que o poeta Carles Riba fixera dos poemas
do poeta grego. Abriuse aí un hiato ata que cheguei á edición que Hiperión
publicara da súa obra nunha excelente tradución do inglés a cargo de José María
Álvarez (Poesías completas, 1983) e desde aí ao
traballo que Yolanda Vilarchao asinou como tradutora ao galego dos Poemas canónicos (Rinoceronte, 2007). Hai escasas
datas, a editorial allaricense Aira puxo en circulación unha tradución á
lingua galega da súa poesía completa, neste caso felizmente anotada, a cargo de
Miguel A. Areses Martín.
Sospeito que este volume pasou un tanto desapercibido e non o merecería
tanto pola calidade e dificultade do traballo que exhibe como pola relevancia
que ten o feito de posibilitar o acceso total a unha das grandes voces poéticas
do século XX na nosa lingua. Nel incorpóranse, así, os denominados poemas
“canónicos” -onde se integra “Ítaca” e ese rogo para que sexa longo o camiño- e
todo o resto da súa obra, alén das composicións inéditas, os denominados poemas
“proscritos”, os “incompletos” e tres mostras da súa prosa poética. E súmese a
todo isto un documentado epílogo, biográfico e valorativo, de inequívoca
utilidade.
Dun ou doutro xeito, a capacidade metafórica e simbólica da obra de Kavafis latexa e perdura aquí como o clásico que é: o poeta da perda e do fado irremediable que recreou a historia, a filosofía e o erotismo con indubidables doses de orixinalidade. Este libro chega para confirmárnolo.» [“Caderno da crítica” Literatura galega. Blog de Ramón Nicolás]
Disponível na Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro em Vila Real... | Traga-Mundos – lhibros i binos, cousas i lhoisas de l Douro an Bila Rial...
Sem comentários:
Enviar um comentário