quarta-feira, 26 de janeiro de 2022

VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA

A Fundación Vicente Risco, Deputación de Ourense, libraría Aira das Letras, doçaria Fina Rei, livraria Traga-Mundos e libraría Punto e Coma convocam conjuntamente o «VII Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica», com o fim de homenagear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández. Continuador do gosto de seu pai pelo fantástico, dom Vicente Risco (a quem podemos considerar introdutor do género na literatura galega com a obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, em 1919), Antón Risco foi um profundo teórico da literatura fantástica com obras como Serpentáguila (Notas de un lector de poesía), Quebec (Canadá), Ediciones Hipogrifo, 1986; Literatura fantástica de lengua española (Teoría y aplicaciones), Madrid, Taurus, 1987; Viaxes á América Latina á procura de literatura fantástica. Sada (A Corunha), Edições do Castro, 1987. Também é precisso destacar o seu trabalho como editor em Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, Vigo, Editorial Galaxia, 1991. Também foi um prolífico escritor de romances e relatos fantásticos, muitos deles ainda inéditos.

 

CONVOCATORIA DO VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA

Os traballos poderán presentarse até o 28 de febreiro de 2022

O premio está dotado con 3.000 € para a obra gañadora.

 

A novidade deste ano é a incorporación da Deputación de Ourense na convocatoria do premio. Ademais da libraría “Aira das Letras” (de Allariz), a “Traga-Mundos” (de Vila Real, Portugal), a empresa de repostería artesá “Fina Rei” e a libraría “Punto e coma” (de Ourense), que xa viñan participando nas anteriores convocatorias.

“Alégranos moito poder convocar un ano máis este premio que honra a figura de Antón Risco, escritor e amante da literatura fantástica” declarou a presidenta da Fundación Vicente Risco, quen salientou a aposta da Deputación de Ourense por este premio que está dirixido a toda a xente de aquén e alén do Miño.

“Agradecemos moito a colaboración de todas as empresas patrocinadoras, libraría Aira das Letras, doçaria Fina Rei, livraria Traga-Mundos e libraría Punto e Coma, e celebramos a incorporación este ano da Deputación de Ourense.” Engadindo que é unha aposta gañadora toda vez que “Este premio supón unha importante promoción de Allariz e Ourense tanto en Galiza como en Portugal".

O premio está dotado con 3.000 € e ao mesmo pódense presentar traballos en lingua galega ou portuguesa.

Deixou dito Vicente Risco que «O imaxinario é un mundo tan mundo como o mundo real» e ese mundo ten que ser contado desde a creación fantástica que conta cun selecto e comprometido grupo de seguidoras que a bo seguro celebrarán o premio lendo a obra gañadora.

Sem comentários:

Enviar um comentário