terça-feira, 25 de janeiro de 2022

VII Prémio Antón Risco de Literatura Fantástica - Galiza | Portugal


 «CONVOCATORIA DO VII PREMIO ANTÓN RISCO DE LITERATURA FANTÁSTICA

Os traballos poderán presentarse até o 28 de febreiro de 2022
O premio está dotado con 3.000 € para a obra gañadora.
A novidade deste ano é a incorporación da Deputación de Ourense na convocatoria do premio. Ademais da libraría “Aira das Letras” (de Allariz), a “Traga-Mundos” (de Vila Real, Portugal), a empresa de repostería artesá “Fina Rei” e a libraría “Punto e coma” (de Ourense), que xa viñan participando nas anteriores convocatorias.
“Alégranos moito poder convocar un ano máis este premio que honra a figura de Antón Risco, escritor e amante da literatura fantástica” declarou a presidenta da Fundación Vicente Risco, quen salientou a aposta da Deputación de Ourense por este premio que está dirixido a toda a xente de aquén e alén do Miño.
“Agradecemos moito a colaboración de todas as empresas patrocinadoras, Airadasletras, Traga-Mundos - livros e vinhos, coisas e loisas do Douro, Fina Rei e Punto e Coma, e celebramos a incorporación este ano da Deputación de Ourense.” Engadindo que é unha aposta gañadora toda vez que “Este premio supón unha importante promoción de Allariz e Ourense tanto en Galiza como en Portugal".
O premio está dotado con 3.000 € e ao mesmo pódense presentar traballos en lingua galega ou portuguesa.
Deixou dito Vicente Risco que «O imaxinario é un mundo tan mundo como o mundo real» e ese mundo ten que ser contado desde a creación fantástica que conta cun selecto e comprometido grupo de seguidoras que a bo seguro celebrarán o premio lendo a obra gañadora.»

Sem comentários:

Enviar um comentário