Antes de anunciarmos o programa definitivo e detallado desta 7ª edición do Poemagosto, queremos informar de forma resumida das condicións especiais nas que este ano, por mor do covid-19, se celebrará o festival.
- Este Poemagosto celebrarase nunha única xornada, o sábado 10 de outubro, con 3 actos diferenciados e separados entre si no tempo (mañá, tarde e tardiña), para facilitar a desinfección de cadeiras antes e despois de cada un deles.
- O lugar de celebración este ano será o recinto do
Festival Internacional de Xardíns de Allariz
, cuxa XI edición (2020) non se puido celebrar e cuxa temática prevista e anunciada para este ano era, curiosamente, a POESÍA.[En caso de previsión de choiva, celebrarase na parte cuberta do patio do
Museo do Coiro
, que tan ben nos acolleu os últimos anos].- Entre o venres 25 e o sábado 26 darase a coñecer o programa completo e detallado.
SÓ A PARTIR DESE MOMENTO ACEPTAREMOS RESERVA de prazas, despois de anunciarmos as canles para facelo e os datos necesarios que cada persoa deberá indicar.
- A entrada será gratuíta, pero haberá a opción voluntaria de adquirir unha 'ENTRADA SOLIDARIA' por 5€, que inclúe unha CAMISETA DO POEMAGOSTO (a recoller e pagar no festival, a carón do posto de libros).
- As reservas faranse por orde estrita de solicitude, restrinxidas á capacidade de público estipulada pola normativa vixente, e cada persoa deberá reservar a súa praza especificando a cal ou cales dos 3 actos desexa asistir.
Apelamos á vosa colaboración, responsabilidade e seriedade para que unicamente solicitedes reserva de praza se tendes a certeza absoluta de que ides asistir a cada un dos actos, xa que doutro xeito estariades impedindo o acceso doutras persoas, ademais de complicar o traballo de organización.
- Os actos terán unha duración máxima de 2 horas, durante os que o público deberá permanecer na súa localidade e coa máscara posta. Se alguén se atopa nalgunha situación excepcional que lle impida levar máscara, deberá comunicalo sen escusa no momento da reserva.
Non estará permitido fumar durante os actos.
- Por cuestións de seguridade, e sentíndoo moito, este ano non dispomos de espazo para postos de arte, artesanía, produto cultural, etc. As nosas desculpas e o noso agradecemento a todas as persoas que durante as pasadas edicións estiveron connosco co seu posto, así como ás persoas que xa vos interesastes por esa posibilidade nesta edición.
- Si haberá un posto de libros, xestionado conxuntamente entre as librarías
Airadasletras
(Allariz) e Traga-Mundos - livros e vinhos, coisas e loisas do Douro
(Vila Real), patrocinadora e colaboradora do festival respectivamente, onde poderedes atopar libros das e dos poetas participantes, así como outros títulos de poesía ou que as librarías consideren oportuno expoñer.Moitas grazas a todxs!
Sem comentários:
Enviar um comentário